Asesor laboral

¿Queres colaborar con nós?

Déixanos os teus datos e porémonos en contacto contigo:





Podes consultar tamén a información sobre como colaborar con nós

¿Por que elixirnos?

1

Contas cun asesor persoal

Facilitámosche un modelo de xestión e interlocución personalizado, acorde ás túas necesidades e ás características do teu despacho profesional. Estamos atento ás túas necesidades as 24 horas, os 7 días da semana.

2

Todos os teus trámites e xestións, en liña

Ofrecémosche unha gran variedade de servizos coa tecnoloxía máis innovadora e unha resposta inmediata a ti e aos teus clientes ligados a Asepeyo, a través de diferentes canles de comunicación corporativas:

3

Estamos onde os teus clientes nos precisan

Contamos cunha ampla rede asistencial formada por centros, hospitais, centros de oftalmoloxía, de rehabilitación e prevención, adicada á asistencia do accidente laboral, á enfermidade profesional e á xestión da incapacidade temporal por enfermidade común dos teus clientes.

¿Tes algunha pregunta? Visita as nosas preguntas frecuentes

¿Que prestacións cubrimos?

Preto de 30.000 asesores laborais confían na nosa xestión. Desde Asepeyo mantemos unha estreita colaboración con este colectivo, e poñemos á túa disposición todos os medios que temos ao noso alcance. A nosa cobertura comprende a xestión das continxencias de accidentes de traballo e enfermidades profesionais e das prestacións de incapacidade temporal por enfermidade común. Garantímosche unha completa asistencia aos teus clientes, desde a primeira cura e atención de urxencias, intervención cirúrxica e rehabilitación, ata a súa recuperación integral.

Para coñecer con detalle todo o valor engadido que podes dar aos teus clientes, accede a Empresa.

Toda a tecnoloxía ao teu servizo e ao dos teus clientes

Seguindo o noso principio de proximidade e de calidade de servizo, darémosche unha resposta a calquera solicitude de información, solución de incidencia ou canalización das túas suxestións de mellora.

Desde a nosa web ofrecémosche un gran conxunto de servizos coa tecnoloxía máis avanzada e segura, e contas cun Servizo de Atención ao Asesor Laboral, que ten como obxectivo asesorar e xestionar de maneira directa todas as túas necesidades.

900 151 005

De luns a venres, de 8 a 20 horas

App Asepeyo asesorías

Asepeyo asesorías é a primeira app exclusiva para o día a día dos xestores. Coa nova app estamos contigo cando nos precisas, as 24 horas, os 7 días da semana.

Sempre informado. Así de rápido, así de sinxelo

  • Consulta os casos de accidente de traballo con e sen baixa
  • Accede ás baixas por continxencia común
  • Analiza as túas empresas e autónomos nun só xesto
  • Repasa os erros de cotización á Seguridade Social
  • Solicita boticas de primeiros auxilios para as túas empresas cliente
  • Contacta directamente co teu asesor Asepeyo
  • Envía volantes de asistencia

Personaliza as túas alertas. Ti decides cales recibir e cando

  • Nova empresa afiliada con nós
  • Asistencia realizada a un traballador das túas empresas
  • Inicio e fin da prestación de risco por gravidez
  • Suspensión cautelar da prestación
  • Volantes de asistencia pendentes de autorización
  • Baixas superiores a 12-18 meses
  • Partes de accidente preparados para tramitar
  • Baixa de empresa afiliada con nós

 

¿Cal é o centro asistencial que tes máis preto?

¿Queres máis información sobre o teu sector? ¡Accede ao noso blog!